Saltar ao contido
Reservar
O hotel

Unha casa feita co que trae a marea

Un hotel familiar con trinta anos de historia, reinaugurado en 2015, ao pé do Camiño e fronte á praia que lle dá nome.

Andar ás crebas

Pequenos tesouros cunha segunda oportunidade

«Andar ás crebas» é recoller obxectos que a marea trae ás praias e ás ribeiras para reinventalos, reutilizalos.

As «crebas» son pequenos tesouros, aparentemente inservibles, aos que darlles unha inesperada segunda oportunidade. Con eses pequenos tesouros construíuse esta nova casa.

Parede de táboas recuperadas de distintas cores
Lata de sardiñas feita de mosaico
O deseño

Unha atmosfera mariña, peza a peza

O deseñador Pancho Lapeña creou e traballou a fermosa idea de usar esas crebas, do mar e da terra, que, recollidas en lugares moi diversos, conforman e inspiran toda esta atmosfera mariña.

Ver as crebas
Os espazos

Para almorzar mirando ao mar

O hotel mira á praia de Langosteira, ao mar e ao sol que sae por detrás do Monte Pindo.

Comedor do hotel Recepción do hotel Comedor con vistas Almorzo con vistas á ría
O equipo

Rosalía, Paulina e todo o persoal

Convídanvos a navegar con elas e poñen todo o seu esmero para que gocedes da vosa estadía no hotel e na Costa da Morte.

Hotel Langosteira, turismo galego sustentábel

Vés a Fisterra?

Consulta datas e reserva directamente co hotel.

Ver dispoñibilidade